Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Abre o prazo para solicitar as prestacións de apoio á escolarización para o vindeiro curso

Oleiros, 23 de maio de 2017-. Desde mañá día 24 de maio e ata o vindeiro 12 de xuño, todas aquelas persoas interesadas poderán solicitar as prestacións de apoio á escolarización do Concello de Oleiros para o curso 2017-2018. O Goberno municipal decidiu aumentar o importe das axudas, que medran un 10%, e os límites salariais para acceder a eles, o que posibilitará que cheguen a máis familias.

Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social que ten recollidas no seu regulamento a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros. O seu fin é apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que provoca o inicio do curso escolar. Ademais, son compatibles con outras axudas similares que poda haber doutras administracións.

Os importes das axudas para o curso 2017/2018 son os seguintes:

- 2º ciclo de educación infantil: 70 €
- Educación primaria: 80 €
- ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 €
- Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €

Para calquera información, as persoas interesadas poden acudir ás oficinas do Departamento de Servizos Sociais ou chamar a través do teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros, 981 610 000.

MÁIS INFORMACIÓN

SOLICITUDE
 

back link