Oleiros, 3 de abril de 2018-. Durante os días 3 e 4 de abril as veciñas e veciños de todas as localidades de Oleiros maiores de 60 anos, poden inscribirse nas rutas de sendeirismo do programa Ven e descubre 2018 denominado Os outros Oleiros. As persoas interesadas poderán apuntarse ás excursións chamando ao 981 610 000 entre as 16:00 e as 20:00 horas.
Vilas cun pasado común a Oleiros, con tradición oleira, con tradición artesanal e industrial coa cerámica, así como lugares co mesmo topónimo. Paisaxe e natureza, historia, cultura, artesanía… historia viva arredor do topónimo Oleiros por toda Galicia e incluso Portugal, destino das rutas de sendeirismo de fin de semana. Un total de 18 excursións, con 1.800 prazas, e 12 rutas de sendeirismo con 540 prazas, ás que hai que engadir as dúas fins de semana de sendeirismo con 40 prazas cada unha delas, fan unha oferta total de 2.420 prazas para todas as actividades desenvoltas no Ven e Descubre 2018 do Concello de Oleiros.