Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Aberto o proceso de selección para a contratación do xerente da empresa municipal de augas

 Oleiros, 18 de marzo de 2022-. Está convocado o proceso de selección para a provisión do posto de xerente da empresa municipal de augas Aquaoleiros S.A., atendendo aos principios de igualdade, mérito e capacidade, seguindo un proceso de selección que garante tamén a publicidade da convocatoria e das súas bases, a transparencia, a imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección, a independencia técnica na actuación dos órganos de selección, a adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver e a axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

 
O prazo de presentación de solicitudes para aspirar a esta praza estará aberto desde a próxima semana, durante 20 días naturais contados desde o día seguinte no que apareza a publicación no BOP. As bases deste proceso de selección poden consultarse na web do Concello.
 
back link