Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Aberto o prazo para inscribirse na viaxe cultural para Semana Santa

Oleiros, 10 de marzo de 2014-. Esta mañá abriuse o prazo de inscrición para os veciños e veciñas do municipio interesados en participar na viaxe cultural que o Concello organiza a Madrid e Ávila para as próximas vacacións de Semana Santa.  Madrid, cidade referente no panorama internacional pola súa importante oferta cultural, e Ávila, cidade declarada patrimonio da humanidade en 1985, son as cidades elixidas para a novena edición desta viaxe cultural que se levará a cabo do 17 ao 20 de abril. El Escorial, Tordesillas e Segovia serán outros dos lugares que visitarán as persoas participantes.

O aloxamento será en Madrid nun hotel de 3 estrelas en habitacións dobres. O prezo inclúe transporte en autocar, visita guiada en Madrid con entrada ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía; visita guiada en Ávila, con entrada á Muralla e á Catedral, os almorzos dos días 18, 19 e 20, o xantar dos días 17 e 20 e o seguro de viaxe. As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse chamando ao teléfono do Concello, a través do departamento de Cultura ou mandando un correo ao enderezo electrónico: cultura@oleiros.org.
 

back link