Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de solicitude para prazas en escolas infantís para o próximo curso

Oleiros, 20 de febreiro de 2013-. Desde o día de hoxe, 21 de febreiro e ata o 21 de marzo está aberto o prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso escolar 2013-2014. O prazo está aberto tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están matriculados, como para os de novo ingreso.

Para calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que sexa a súa primeira preferencia: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Alí facilitarán toda a información que precisen, así como os impresos e a documentación necesaria.  Poden atopar máis información nas seguintes páxinas web: http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escaolasinfantis.net
 

back link