Oleiros, 24 de abril de 2014-. O Concello de Oleiros informa de que está aberto o prazo para solicitar participar no Programa de Benestar en Balnearios. As solicitudes para optar a unha das 589 prazas poden presentarse ata o próximo 10 de maio. Esta actividade ofertase paran trece balnearios de toda Galicia e para estancias entre 9 e 10 días. Poden participar neste programa todas as persoas maiores de 65 anos ou maiores de 60 que sexan pensionistas. O programa tratamentos termais básicos para tratar afeccións respiratorias, reumatolóxicas e circulatorias en réxime de aloxamento e pensión completa. As persoas interesadas poden informarse no Departamento de Servizos de Sociais do Concello.