Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Surf

 Oleiros, 19 de agosto 2022-. Está aberto ata o día 31 de agosto o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Surf. Ofértanse prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2002 e 2010.

 
Todas aquelas persoas interesadas en apuntar aos seus fillos e fillas a esta escola, deberán enviar ao correo electrónico deportes@oleiros.org o formulario de inscrición que se pode descargar da web municipal. En caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público na Fábrica o día 5 de setembro ás 12:00 horas.
 
Ante a problemática sanitaria e social derivada dos altos índices de obesidade infantil e xuvenil, o sedentarismo e as dificultades que ás veces atopan os mozos e mozas para practicar deportes de xeito regular, o Concello porá en marcha un novo curso desta escola deportiva que se desenvolverá entre o 30 de setembro de 2022 e o 28 de maio de 2023. Terá un custo mensual de 15 euros e o Concello achegará a táboa, o traxe de neopreno e unha licra para a actividade. 

back link