Oleiros, 29 de agosto de 2018-. O Concello de Oleiros remitiu o pasado día 2 de agosto a resposta ás alegacións presentadas polas empresas concesionarias no trámite de audiencia para a chegada da liña do bus urbano da Coruña 1-A a Santa Cristina. Vergoñosamente, a Dirección Xeral de Mobilidade minte ao afirmar que “non consta ningunha resposta” por parte do Concello de Oleiros.
Aínda que o prazo para presentar o documento remataba o día 22 de agosto, a Xunta de Galicia recibiu a resposta do Concello de Oleiros ás alegacións o día 2 de agosto ás 12:15 horas. No escrito recóllense todas as consideracións sobre as alegacións realizadas por parte das compañías de transporte.