Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A presión do Goberno local permite mellorar a cobertura telefónica no municipio

Oleiros, 10 de maio de 2016-. Logo das conversas iniciadas hai varias semanas polo Goberno municipal, a principal compañía de telecomunicacións existente no mercado mellorará a cobertura telefónica existente no municipio coa instalación de varias estacións. Deste xeito, rematarán os problemas que actualmente se dan en zonas de Bastiagueiro, Santa Cruz e Dorneda.

“A Telefónica costoulle aceptar as nosas condicións pero non lle deixamos outra opción. No seu momento non permitimos aquelas antenas horribles, que degradaban os nosos contornos. Por sorte a tecnoloxía cambiou para mellor”, explicou o alcalde.

Igualmente, nos próximos tres meses a compañía de telecomunicacións abordará a instalación de fibra óptica en boa parte da parroquia de Nós. Debido á dispersión existente nesta zona, Telefónica aínda non instalara o cable en moitos lugares. As persoas interesadas en acceder a estes servizos deberán poñerse en contacto coa empresa xa que non é o Concello de Oleiros o encargado de subministrar estes servizos.
 

back link