Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A praza de Esther Pita acolle unha exposición contra o racismo

Oleiros, 23 de marzo de 2016-. Desde esta mesma mañá, a praza de Esther Pita, na localidade de Santa Cruz, acolle unha exposición contra o racismo. O goberno municipal decidiu traer a Oleiros esta mostra para achegar aos veciños e veciñas a loita contra a discriminación racial e promover unha actitude de acollida e respecto pola diversidade, fundamentada na comprensión do fenómeno migratorio.

A exposición quere divulgar a idea de que a tolerancia e a defensa dos dereitos que asisten a todas as persoas son consubstanciais á democracia e requiren os maiores esforzos da sociedade. Uns módulos expositivos combinan textos sobre a igualdade de dereitos das persoas migrantes con fotografías de Xurxo Lobato nas que aparecen inmigrantes xunto a persoas galegas de relevancia pública no ámbito cultural. A mostra leva o título de “Galegas coma ti” e conta coa participación do escritor Manolo Rivas, o presentador Xosé Ramón Gayoso, a gaiteira Susana Seivane, as actrices Isabel Risco e Lucía Regueiro, a xornalista Fernanda Tabarés, o cineasta e cantante Antón Reixa e o presidente do Deportivo, Tino Fernández. Senegal, Rumanía, Marrocos, Cuba e Bolivia son os países de procedencia da poboación inmigrante representada.
 

back link