Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A piscina de Perillo conta cunha nova caldeira que garante a eficiencia enerxética da instalaci

 Oleiros, 24 de outubro de 2014-. A piscina de Perillo conta cunha nova caldeira que garante a eficiencia enerxética da instalación. A caldeira leva funcionando con éxito desde o pasado luns. O investimento supera os 130.000 euros, e está financiada en parte cunha subvención do INEGA de 54.000 euros. A obra executouse en dúas semanas sen afectar ao normal funcionamento da piscina, facendo as operacións con máis risco en horario nocturno, xa que a instalación abre todos os días da semana. O proxecto foi todo un éxito e completa unha fase máis do camiño cara á eficiencia enerxética que o Concello  de Oleiros emprendeu nos últimos anos.

back link