Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A oficina de información turística de Santa Cristina atendeu este verán preto de 2.000 visitas

Oleiros, 26 de setembro de 2011-. A concelleira de Interior, María José Varela, destacou esta mañá que o turismo no municipio se incrementa de forma progresiva verán tras verán. Como proba diso destaca o traballo da oficina de información turística de Santa Cristina que atendeu entre o 1 de xullo e o 13 de setembro preto de 2000 peticións de información presencial.

Un dos datos máis destacables de acordo coas entrevistas realizadas entre os demandantes de información turística é o que reflicte que as persoas que se hospedaron en Oleiros teñen unha estancia media de 6,1 días. O perfil de turista que visita Oleiros é maioritariamente o dunha familia ou un grupo de 3 ou máis membros procedentes de España, maioritariamente da nosa comunidade autónoma aínda que cunha porcentaxe similar de viaxeiros procedentes de Madrid. A maioría asegura que visitaba Oleiros aconsellado por familiares ou amigos.

Pola súa parte, os turistas estranxeiros, que representan algo máis do 10% dos solicitantes de información neste punto proceden de forma maioritaria de países da Unión Europea, principalmente dos máis próximos ao noso contorno, como Francia, Inglaterra e Portugal.

back link