Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A obra Helena, xuízo a unha lurpia represéntase o sábado no auditorio de Mera

Oleiros, 02 de marzo de 2017-. A compañía Teatro do Atlántico presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Helena, xuízo a unha lurpia, escrito por Miguel del Arco e dirixido por Xulio Lago. A actriz María Barcala protagoniza esta obra de teatro clásico.

Na obra o público atópase con Helena de Troia, "a bela Helena", a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de París. O autor, tomando como punto central da súa proposta un tempo mítico que podemos situar nun milenio a.C., e tratando o drama dunha personaxe da mitoloxía grega, consegue que aquela muller dialogue inequivocamente en tempo presente coa cidadanía deste século XXI que nos toca habitar, e que comparta unha reflexión e unha denuncia ao redor do drama da muller contemporánea e tamén de moitas das dramáticas circunstancias polas que transita a nosa civilización.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala, a un prezo de 2,50 euros. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.
 

back link