Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A ministra de Cultura saharauí agradece a solidariedade do Concello de Oleiros co seu pobo

Oleiros, 31 de xaneiro de 2016-. A ministra de Cultura da República Árabe Saharauí, Jadiya Hamdi, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Oleiros e outros representantes do Goberno municipal. Tamén participaron na xuntanza, a presidenta da ONG Solidadriedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla, e un representante do Frente Polisario.

Na reunión, a ministra trasladou ao alcalde o agradecemento polas numerosas accións e programas de cooperación desenvolvidos polo Concello de Oleiros en apoio do pobo saharauí. Tamén informou sobre un importante programa cultural que están a desenvolver para defender a súa identidade cultural, ferozmente atacada polas imposicións culturais que lles impoñen desde Marrocos.

No encontro tamén se abordou a responsabilidade e o papel que ten que xogar o Estado Español para a resolución do conflito existente. Alcalde e ministra coincidiron en que España debe posicionarse e actuar para que remate a ocupación da última colonia africana.
 

back link