Oleiros, 15 de febreiro de 2013-. Un ano máis, as bibliotecas municipais de Oleiros organizan a actividade da Hora do conto. Entre os meses de febreiro a maio realizaranse 60 sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos.
Levaranse a cabo nas bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade. Os obxectivos que se intentan conseguir son que as nenas e nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Participarán as contadoras e contadores Raquel Queizás, Andrea Bayer, Pablísimo, Soledad Felloza, Paula Carballeira, Pavís-Pavós, Marisa Irimia, Ramiro Neira, Inés Cuadrado, Pedro Brandariz, Fran Ínsua, Caxoto, e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” que narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
Todos os actos terán lugar ás 18.30 horas.
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Febreiro: os xoves, días 21 e 28
Marzo: os xoves, días 7, 14 e 21
Abril: os xoves, días 4, 11, 18 e 25
Maio: os xoves, días 2, 9, 16 e 23
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO
SANTA CRUZ
Febreiro: os mércores, días 20 e 27
Marzo: os mércores, días 6, 13 e 20
Abril: os mércores, días 3, 10, 17 e 24
Maio: os mércores, días 8, 15 e 22
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS
Febreiro: o martes, día 26
Marzo: o martes, día 12
Abril: os martes, días 9 e 23
Maio: os martes, día 14 e 28
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA
Marzo: os venres, días 1 e 15
Abril: os venres, días 5 e 19
Maio: os venres, días 3 e 24
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA
Febreiro: o luns, día 25
Marzo: o luns, día 11
Abril: os luns, días 8 e 22
Maio: os luns, días 13 e 27
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
Febreiro: o venres, día 22
Marzo: o venres, día 8
Abril: o venres, día 12
Maio: os venres, días 10 e 31
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL FEDERICO GARCÍA LORCA. MONTROVE
Marzo: o martes, día 5
Abril: os martes, días 2, 16 e 30
Maio: os martes, días 7 e 21
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Marzo: os mércores, días 6 e 20
Abril: os mércores, días 3 e 17
Maio: os mércores, día 8 e 22
Con estas sesións de contacontos preténdese introducir as nenas e nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse. A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e a capacidade de fabulación de quen escoita, polo que se tratará de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.