Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Festa do Entroido celébrase o venres a partir das 19:00 h

Oleiros, 27 de febreiro de 2019-. Este venres día 1 de marzo celébrase a Festa do Entroido que organiza o Concello de Oleiros a partir das 19:00 horas na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Non faltará a tradicional chocolatada, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da “Compañía Municipal de Teatro” e a música da orquestra Os Satélites, garantía de baile e diversión.

Repartiranse 4.700 euros en premios entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. As persoas que non se apuntasen previamente ao concurso poderán facelo entre as 19:00 e as 19:30 horas no propio pavillón.

PROGRAMA

19:00 h Apertura de portas

19:00 - 19:45 h MÚSICA E BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES

19:45 h CONCURSO DE DISFRACES E CHOQUEIROS

20:45 h ACTUACIÓN SORPRESA da “Compañía Municipal de Teatro”: tradicional actuación do alcalde de Oleiros cunha sátira carnavalesca.

21:15 h MÚSICA e BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES

21:30 h Entrega de  PREMIOS do CONCURSO DE DISFRACES

21:45-22:00 h MÚSICA e BAILE coa ORQUESTRA LOS SATÉLITES

back link