As persoas que se acheguen a esta feira poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata produtos de beleza e coidado corporal. Ademais, a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros (ás 12:30 horas) amenizará a xornada coa súa música.
Con esta feira, única en toda Galicia, o Concello de Oleiros pretende apoiar a un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización, dos novos costumes alimentarios e nos últimos anos tamén da avespa velutina.