Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Escola Municipal de Danza actúa o sábado nunha gala solidaria no Ágora

Oleiros, 28 de novembro de 2018-. A Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros participará o vindeiro sábado día 1 de decembro na gala solidaria que terá lugar no Centro Ágora da Coruña, a partir das 20:00 horas. Ademais da agrupación oleirense, actuará o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Artestudio Xestión Cultural, o Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña e Mundo Danza Jesús Quiroga.

A ONG Aire é a entidade que organiza este evento para recadar fondos para continuar co labor humanitario que están desenvolvendo en Grecia, Sáhara e os Balcáns coas persoas refuxiadas. As entradas teñen un custo de 5 euros e poderán mercarse no despacho de billetes ou en www.ticketea.es.

back link