Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Escola Infantil de Mera preparada para o inicio do curso

Oleiros, 22 de agosto de 2012-. Tal e como estaba previsto, a Escola Infantil A Braña da localidade de Mera iniciará a súa actividade o vindeiro mes de setembro. Tras pasar no día de hoxe a visita do Servizo de Inspección da Xunta de Galicia e dotala do equipamento e do mobiliario necesario pódese dicir que o centro xa está listo para empezar a súa andaina o próximo mes.

Nun primeiro momento, o día 3, se incorporará o equipo educativo, co fin de programar a actividade da escola durante o curso, e o día 17 iniciarán o período de adaptación os nenos e nenas que teñen praza adxudicada nesta escola.

As 41 prazas coas que conta a Escola Infantil A Braña estarán totalmente cubertas ao inicio do curso escolar.

Con esta nova escola que se pon en marcha o Concello de Oleiros dispón no curso 2012-2013 dun total de 311 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos nas catro escolas que ten en funcionamento: A Pardela, As Galeras, A Canteira e A Braña.

 

back link