Unha reunión na que se aportou unha información insuficiente para tomar unha decisión. Oleiros continúa apostando por Nostián como centro comarcal de tratamento, pola súa proximidade e polo papel que en teoría debera ter como sistema de reciclaxe de residuos.
Combinar o respecto ao medio e ás obrigas ambientais cunha operatividade máis eficiente é unha teima que deben perseguir tanto o Consorcio das Mariñas como o concello coruñés, propietario da instalación; pero para iso, a cidade debe mostrar un comportamento distinto, que permita remar todos no mesmo sentido e converter Nostián nun centro de residuos domésticos tecnolóxicamente avanzado e capaz de xestionar o lixo de toda a comarca.