Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A compañía oleirense Axóuxere Teatro estrea cun grande éxito a obra Quero ser maior!

Oleiros, 9 de outubro de 2017-. O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolleu onte a estrea do espectáculo da compañía oleirense Axóuxere Teatro Quero ser maior!. Trátase dunha comedia infantil, escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta e especialmente recomendada para maiores de 6 anos.

Quero ser maior! tivo unha espléndida acollida entre a crítica e o público. Nanda Tasende, Kike Vales, Sara Pascale, Lucía Veiga e Alejandro Albaiceta dan vida á historia de Gaia, unha nena de 11 anos que sente a necesidade de medrar canto antes, conseguir un bo traballo e gañar cartos para triunfar na vida e poder axudar a súa nai.
 

back link