Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A compañía Kulunka presenta a obra Solitudes o sábado no auditorio de Mera

Oleiros, 23 de marzo de 2017-. A compañía Kulunka Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Solitudes, escrito por Garbiñe Insausti, José Dault, Iñaki Rikarte, Rolando San Martín e Edu Cárcamo e dirixido por Iñaki Rikarte. Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo forman o elenco desta obra de teatro.

O protagonista deste drama síntese incomprendido porque, como case todos os anciáns para os que a súa vida é practicamente unha espera, xa só desexa cousas sinxelas. Cousas tan simples, que os demais non chegan a valorar a súa verdadeira importancia. O extraordinario desta historia é que o ancián -contra o que podería agardarse de alguén cunha vida xa case sen alicientes- non se resigna, non renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade. Isto, claro, terá as súas consecuencias para el mesmo e para quen o rodea.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Esta obra está recomendada para maiores de 12 anos.

 

back link