Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A cabalgata de reis comezará ás 16:30 horas e percorrerá todo o municipio

 Oleiros, 29 de decembro de 2020-. O vindeiro martes 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A saída da comitiva real está prevista para as 16:30 horas.

 
Nos vindeiros días, o Concello informara a través de todos os medios de comunicación municipais da ruta e dos horarios previstos. Os Reis Magos percorrerán o municipio nun autobús descapotable, que estará decorado especialmente para a ocasión. Non se farán paradas en ningún punto para evitar aglomeracións.
back link