Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Biblioteca Rialeda acolle charlas sobre ciencia

 Oleiros, 16 de marzo de 2023-. A Biblioteca Central Rialeda, dentro do programa Ler para saber, albergará charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos maiores de 10 anos, adolescentes e público en xeral. A primeira será mañá venres día 17 de marzo, ás 18:30 horas, sobre robótica.

 
17 de marzo
PODEN OS NENOS E AS NENAS PROGRAMAR
ROBOTS?
Carlos Méndez Rodríguez. Licenciado en Informática
 
14 de abril
A CÉLULA: UNIDADE FUNDAMENTAL DA VIDA   
Raquel Iglesias Reinoso. Doutora en Bioloxía
 
12 de maio
CAMBIO CLIMÁTICO   
Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía
 
26 de maio
AS MASCOTAS NON SON XOGUETES   
Jacqueline Vázquez González. Veterinaria
 
6 de outubro
OS MICROORGANISMOS E AS MICROALGAS   
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña
 
27 de outubro
ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA IDADE ESCOLAR 
Uxía Rodríguez Lavandeira. Dietista e nutricionista no Hospital da Coruña (CHUAC)
 
10 de novembro
Árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Rialeda   
Miguel Sánchez. Fotógrafo
Fina Mosquera. Profesora de Educación Primaria
 
Con estas actividades preténdese achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva,  fomentar  a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas. Programáronse charlas e obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados.
 

 
back link