Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Biblioteca Rialeda acolle a presentación do libro ¿En efecto bolboreta¿, de Ana Pillado

 Oleiros, 18 de novembro de 2019-. O mércores 20 de novembro, ás 19:00 horas, a Biblioteca Central Rialeda acollerá a presentación do libro ‘En efecto bolboreta’, de Ana Pillado Vega. A presentación correrá a cargo da poeta Pilar Pallarés, actual Premio Nacional de Poesía, e da propia autora, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que tocará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela.

 
‘En efecto bolboreta’ é unha obra publicada pola editorial Fervenza. Trátase dunha fábula de xénero fantástico, dirixida a mozas/os e adultas/os, que recolle a crónica da Revolución da Bicharada.
 
A escritora Ana Pillado Vega é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o ano 2006 exerce como profesora de Lingua e Literatura Castelá no ensino secundario público.
back link