Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A biblioteca de Santa Cruz acolle a presentación do libro Feminismos, de Olga Castro e María Re

Oleiros, 16 de maio de 2013-. O luns, 20 de maio, ás 19.30 horas, na Biblioteca e centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro de Santa Cruz terá lugar a presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez, editado por  Xerais. Noa acto participará María Reimóndez, coautora da obra.
 
María Reimóndez é unha escritora galega, tradutora e intérprete. Autora de libros tan diferentes como o poemario “Moda galega”; a novela  “O club da calceta” que foi galardoada co Premio San Clemente e traducida ao italiano e ao castelán, adaptada ao teatro e ao cine. Das súas derradeiras obras para adultos destacaremos “Pirata” e “En vías de extinción”. Tamén escribiu o libro infantil  “Usha” co que quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Neste ano 2013 publica o seu primeiro volume como ensaísta, en colaboración con Olga Castro, titulado Feminismos que fai un percorrido ameno e divulgativo sobre os feminismos no mundo e tamén en Galicia, poñendo de manifesto a gran cantidade de estratexias desenvolvidas en contextos social, política e culturalmente tan diferentes tendo como finalidade mellorar a situación das mulleres do mundo. Na boca da súa prologuista, Belén Martín Lucas, esta “era unha aposta necesaria, que enche un oco importante en lingua galega xa que non existía ningunha obra que falase de todos os feminismos”. É un libro para ler devagar, para reflexionar, para avanzar en tantos camiños que quedan para percorrer.
 

back link