Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Biblioteca Central Rialeda acolle un obradoiro de creación literaria

Oleiros, 13  de febreiro de 2012-. Mañá martes 14 de febreiro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, comezará un Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane. Está dirixido a mozas e mozos maiores de 15 anos e público adulto en xeral. As sesións realizaranse todos os martes ata completar un total de dez. Debido a que son prazas limitadas é imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org.

Trátase dunha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega e con ela preténdese animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade. Esta actividade ten prezo público para as persoas non empadroadas en Oleiros.

 

back link