Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Banda Orquestra Sinfónica de Oleiros actúa mañá no Auditorio Gabriel García Márquez

Oleiros, 27 de xuño de 2017-. A Banda Orquestra Sinfónica do Concello de Oleiros ofrecerá un concerto mañá mércores a partir das 20:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Todas aquelas persoas que asistan a este evento musical poderán escoitar obras dunha elevada calidade.

A agrupación que dirixe Alberto Piñeiro interpretará Fanfarria para un home común, Bailando con lobos, Huapango, Cereixo Rosa, Guantanamera, O cumbanchero, Alma llanera, Tango brasileiro, Garota de Ipanema, Non chores por min Arxentina e A cumparsita.
 

back link