Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás A Axencia Estatal de Seguridade Aérea cambiará os informes que impedían edificar o colexio de N

Oleiros, 15 de outubro de 2013-. A Axencia Estatal de Seguridade Aérea comunicou esta mañá ao Concello de Oleiros que cambia a súa postura ante a situación orixinada polos informes negativos emitidos por este organismo dependente do Ministerio de Fomento respecto a cinco expedientes remitidos polo Concello para completar o trámite de concesión de licenza de obra na zona de afección do aeroporto de Alvedro.

Como sinalou ao longo dos últimos días o Goberno local, estes expedientes cumpren coa normativa e directrices reflectidas no Plan xeral aprobado en 2009. O cambio de postura por parte de AESA débese, ao parecer, a un posible erro no que habería incorrido o responsable do Ministerio que emitiu esta resolución sen ter en conta as citadas directrices e a normativa aplicada a Oleiros ao confundir a aprobación do Plan xeral de 2009 co proceso de tramitación do documento refundido que o Concello está levando a cabo neste momento para incorporar a sentenza favorable ao Concello respecto á pegada sonora.

Ás 9.00 horas desta mañá, o xefe de Estratexia Aeroportuaria contactou coa xefa de Urbanismo do Concello para comunicarlle que se emendaran os informes emitidos que impedían a edificación de catro vivendas e o colexio público situado na parroquia de Nós. Así mesmo solicitou ao Concello de Oleiros que inclúa no refundido do Plan Xeral un plano que remitirá de forma inminente. O Goberno local de Oleiros lamenta que resolucións deste tipo, tomadas alegremente e sen abeiro legal, enturben as relacións entre os distintos organismos.
 

back link