Oleiros, 30 de marzo de 2021-. Achégase a época de maior afluencia de visitantes e o Concello de Oleiros procede á reapertura da Oficina de Información Turística de Santa Cristina e da Aula do Mar de Mera. Os dous puntos de información permanecerán abertos en horario de mañá e tarde durante os vindeiros días de Semana Santa.
A Aula do Mar, situada na antiga casa do fareiro de Mera, servirá de punto de atención para os numerosos visitantes que se achegan ata este emblemático lugar. Ademais, conta con diversas salas informativas e cunha impoñente terraza. O punto de información de Santa Cristina atópase situado no paseo marítimo.