Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Ábrese o prazo para inscribirse na actividade Letras e notas de Magín Blanco

Oleiros, 27 de novembro de 2017-. O domingo 17 de decembro Magín Blanco presenta o seu espectáculo Letras e notas que vén cargado de música e de contos. O creador de A nena e o grilo ou outras composición que forman parte de edicións como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña tráenos un contacontos musicado, onde o protagonista axudará os nenos e nenas de 0 a 5 anos a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e palabras e en definitiva, pola lingua.

Para asistir as persoas interesadas deben inscribirse a través do correo electrónico lingua@oleiros.org, do teléfono 981 610 000 Ext.4905, ou de forma presencial no Servizo de Normalización Lingüística. A listaxe de persoas admitidas conformarase por rigorosa orde de inscrición.
 

back link