Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Imaxe 14 de maio: Paula Carballeira en Rialeda 14 de maio: Paula Carballeira en Rialeda

14 de maio: Paula Carballeira en Rialeda

Sesión de contacontos para o alumnado da EEI "O Vilar" de Nós.

    Imaxe 7 de maio: 7 de maio: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

    7 de maio: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

    Na Biblioteca de Santa Cruz haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes...

      Imaxe 8 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz 8 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

      8 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

      Manel Cráneo imparte un Obradoiro de banda deseñada na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

        Imaxe 6 de maio: Caxoto n' As Torres de Santa Cruz 6 de maio: Caxoto n' As Torres de Santa Cruz

        6 de maio: Caxoto n' As Torres de Santa Cruz

        Caxoto n' As Torres de Santa Cruz con "Un conto de tres noites"

          Imaxe 30 de abril: Trinke Trinke na Biblioteca de Santa Cruz 30 de abril: Trinke Trinke na Biblioteca de Santa Cruz

          30 de abril: Trinke Trinke na Biblioteca de Santa Cruz

          Única sesión ás 12 h. para o alumnado de Educación Infantil (3 anos) do CEIP Parga Ponda. Poráse en escea o espectáculo "O cole de lonxe de todo".

            Imaxe 30 de abril: Visita de alumnado do IES de Viós (Abegondo) á Biblioteca Central Rialeda 30 de abril: Visita de alumnado do IES de Viós (Abegondo) á Biblioteca Central Rialeda

            30 de abril: Visita de alumnado do IES de Viós (Abegondo) á Biblioteca Central Rialeda

            A partir das 10 h. O alumnado virá acompañado polo narrador oral, autor, director de escea e guionista Cándido Pazó.

              Imaxe 24 e 25 de abril: 24 e 25 de abril: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz e Oleiros

              24 e 25 de abril: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz e Oleiros

              Para alumnado de Educación Infantil (5 anos) do CEIP Parga Pondal e alumnado de 2º de Primaria do CEIP A Rabadeira.