Campaña de animación á lectura

Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back 6 de maio: charla-coloquio sobre o escritor Xosé María Díaz Castro na Biblioteca Municipal Rosa

 http://www.pinterest.com/pin/520095456939714431/O día 6 de maio, ás 10:30 horas, terá lugar unha charla-coloquio sobre o escritor Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas 2014, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, situada no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, a cargo do profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo. Esta actividade, organizada polas bibliotecas municipais de Oleiros, está dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO do Instituto Neira Vilas e do Instituto Miraflores e nela participaran sobre 160 alumnos/as e 9 profesores/as destes centros.


Xosé María Díaz Castro foi un escritor e tradutor galego. A súa obra Nimbos, publicada pola editorial Galaxia, tivo moita influencia en poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e por tratar os problemas básicos do ser humano: a vida, a morte e o tempo. Un dos seus poemas máis coñecidos é o titulado Penélope, no que reflexiona sobre Galicia. A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas deste ano coincidindo co centenario do nacemento do autor.

O profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo realizou a tese doutoral sobre a “Obra completa de Xosé María Díaz Castro. Estudo e edición crítica”. 
 
Existen numerosos recursos na Rede que amosan a grande creatividade que existe en centros educativos de toda Galicia para dar a coñecer a biobibliografía de Xosé María Díaz Castro.