Realizaránse dúas sesións, sendo a primeira o
3 de maio e a segunda o
10 de maio. En ambos casos
comezaremos ás 9.30 horas nas Torres de Santa Cruz, realizando en ambas o mesmo recorrido.
O alumnado do
Instituto Miraflores realizará a presentación destas persoas ilustres. Alumnos e alumnas de 2º de bacharelato elaboraron o folleto dirixidos polo profesorado. O alumnado de 4º de ESO colabora igualmente na actividade.
O alumnado de 2º de bacharelato do
IES Miraflores que realizou os textos do folleto é:
Aurora Alonso, Pablo Balado, Carlos Barros, Nicolás Berti, María Cabrero, Blanca Domínguez, Alfonso Fernández, Belén Fernández, Eduardo Ferro, Manuel González, Iago Rial, Víctor Roade, Pablo Rodríguez, Rubén Vaamonde, Álvaro Varela, Iván Vázquez Mira, e o profesorado:
Mercedes Agra Ramírez (do departamento de Lingua Galega),
Mª Concepción Castro Higelmo (departamento de Ciencias Sociais),
Elena López Prada (departamento de Física e Química), baixo a coordinación da catedrática
Rosa García Vilariño do Departamento de Lingua e Literatura galega, así como da
Biblioteca Central Rialeda e do
Servizo de Normalización Lingüística do
Concello de Oleiros.
O deseño da publicación foi realizado polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.
Poderán asistir todas as persoas que o desexen, debendo apuntarse na Biblioteca Rialeda para ter praza nos autobuses. Poderán facelo vindo persoalmente á biblioteca, ou chamando por teléfono ao número 981 639 511 ou enviando un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org.
DATA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE O MARTES, 30 DE ABRIL
Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros agradecemos a todas as persoas que colaboraron na elaboración da publicación e a todas as que van colaborar os días 3 e 10 de maio para a realización do roteiro.