Debido ao aumento da demanda, o Concello de Oleiros vai incrementar o Servizo de Axuda no Fogar, no que inviste anualmente 1,7 millóns para atender nos seus domicilios ás persoas maiores e dependentes que o precisan. Ante este aumento, a empresa que presta este servizo precisa con urxencia a contratación dun mínimo de 4 persoas.