Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Imaxe Taller de Iniciación ao Cómic con Xosé Tomás: 27 de abril Taller de Iniciación ao Cómic con Xosé Tomás: 27 de abril

Taller de Iniciación ao Cómic con Xosé Tomás: 27 de abril

Biblioteca Manuel María de Oleiros. Para o alumnado de 6º de primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros

    Imaxe Taller de Ilustración con Óscar Villán: 26 de abril Taller de Ilustración con Óscar Villán: 26 de abril

    Taller de Ilustración con Óscar Villán: 26 de abril

    Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz. Para ao alumnado de 3º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal.

      Imaxe 26 e 29 de abril: Contacontos 26 e 29 de abril: Contacontos "Viaxe a África"

      26 e 29 de abril: Contacontos "Viaxe a África"

      Biblioteca Central Rialeda e Biblioteca de Santa Cruz. Para o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria dos colexios públicos do concello.

        Imaxe A Lectura, esa Gran Viaxe A Lectura, esa Gran Viaxe

        A Lectura, esa Gran Viaxe

        XX Campaña de Promoción da Lectura nas Bibliotecas Públicas Municipais.