Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back 26 e 29 de abril: Contacontos "Viaxe a África"

Na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

dirixido ao alumnado de educación infantil e 1ª ciclo de primaria dos colexios públicos do concello.

“Viaxe a África” é unha función que pretende dar a coñecer aos nenos e nenas algúns contos e cancións de África, atendendo sobre todo ás dúas grandes etnias que a habitan: a África árabe e a África negra. Son obras que dan unha mensaxe a favor da igualdade e amosan pinceladas da súa cultura.

Algúns dos títulos:"La Tierra explicada a los niños" de Yan Arthus-Bertrand (que ten unhas fermosas fotos aéreas de África) Canciones infantiles y nanas del baobab, “A Casa de Mis” (Conto árabe), Pequeno azul, pequeno amarelo”"Cuentos y leyendas de los Masai" de Anne W. Faraggi. Ed Kókinos.