Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Imaxe Obradoiros de Ilustración con Xosé Tomás e Contos con Soledad Felloza para alumnado do CEIP Rab Obradoiros de Ilustración con Xosé Tomás e Contos con Soledad Felloza para alumnado do CEIP Rab

Obradoiros de Ilustración con Xosé Tomás e Contos con Soledad Felloza para alumnado do CEIP Rab

Obradoiros de Ilustración con Xosé Tomás e Contos con Soledad Felloza para alumnado do CEIP Rabadeira na Biblioteca de Oleiros

    Imaxe Aviso importante: cambio de data de actividades Aviso importante: cambio de data de actividades

    Aviso importante: cambio de data de actividades

    Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.

      Imaxe 14 de maio: 14 de maio: "Os Contos de Paula" na Biblioteca Central Rialeda

      14 de maio: "Os Contos de Paula" na Biblioteca Central Rialeda

      Hora: de 10 a 11 h. Actividade dirixida ao alumnado de 4º A e B de Primaria do CEIP Valle Inclán.

        Imaxe 19 abril: 19 abril: "Senticontos" na Biblioteca Central Rialeda

        19 abril: "Senticontos" na Biblioteca Central Rialeda

        Actividade dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo.

          Imaxe 19 abril: 19 abril: "Contos marabillosos" na Biblioteca de Santa Cruz

          19 abril: "Contos marabillosos" na Biblioteca de Santa Cruz

          Actividade dirixida ao alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal

            Imaxe 17 e 18 de abril: 17 e 18 de abril: "Cen anos de maxia" na Biblioteca Central Rialeda

            17 e 18 de abril: "Cen anos de maxia" na Biblioteca Central Rialeda

            Hora: 10,30. Actividade dirixida ao alumnado de 4º e 2º de ESO do IES Neira Vilas

              Imaxe 11 de abril: 11 de abril: "Contos contados con todas e todos" na Biblioteca de Oleiros

              11 de abril: "Contos contados con todas e todos" na Biblioteca de Oleiros

              Para o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP A Rabadeira. Hora: 2 sesións, ás 10:10 e 11:40 h.

                Imaxe 11 abril: Homenaxe aos Irmáns Grimm na Biblioteca de Santa Cruz 11 abril: Homenaxe aos Irmáns Grimm na Biblioteca de Santa Cruz

                11 abril: Homenaxe aos Irmáns Grimm na Biblioteca de Santa Cruz

                Para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil do CEIP Isidro Parga Pondal. 3 sesións ao longo da mañá.