Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back Día Mundial do Libro nas Bibliotecas de Oleiros

Do 23 ao 27 de abril as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros conmemoran o Día Mundial do Libro cunha ampla serie de actividades

 

 
Luns, 23 de abril:

 
“Homenaxe aos Irmáns Grimm”, con Soledad Felloza. Tres sesións (ás 9.30, 11 e 12.30 h.) dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de educación Infantil do CEIP Valle Inclán.

 
Biblioteca P. Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” en Santa Cruz. Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as, ás 18.30 h. comentando a obra “Trópico de Cáncer” de Henry Miller e entregarase “Espejo roto” de Mercé Rodoreda.

 
Biblioteca P. Municipal  “María José Ruso” en Dorneda. “Hora do Conto”, con Fran Ínsua ás 18.30 horas onde narrará os contos  "Antonino vai e ven", "Dous monstros", "O conto do caracol lento".

 

 
Martes, 24 de abril:

 
“Homenaxe aos Irmáns Grimm”, con Soledad Felloza.
Tres sesións (9,30, 11 e 12,30 h.) dirixidas a alumnado de 4º de educación Infantil e 1º de ensinanza primaria do IES Valle Inclán.

 
Pola tarde, ás 18.30 horas, realizarase o “Obradoiro de Creación Literaria”, co escritor e profesor Xabier Seoane.

 
“Obradoiro de Banda Deseñada”, con Manel Cráneo. Dúas sesións (ás 9,40 e 11,45 h.) dirixidas ao alumnado de 6º de ensinanza primaria do CEIP A Rabadeira.

 
Pola tarde, ás 18.30 horas, levarase a cabo a actividade de Letras Vivas denominada “Pavís pavós a filla do rei ...” a cargo da Compañía de Teatro Pavís Pavós.

 
Dentro do programa de Letras Vivas, ás 18.30 horas,  levarase a cabo a actividade de maxíaEscola de maxiaa cargo de Cucarandainas.

 

 
Mércores, 25 de abril:

 
Continuamos coa “Homenaxe aos Irmáns Grimm” a cargo de Soledad Felloza para o alumnado de 2º de primaria do IES Valle Inclán, ás 9.30 horas.

 
Ás 11 e 12.30 h realizarase “Contos marabillosos” de Tim Bowley, con Soledad Felloza dirixidas ao alumnado de 3º de primaria do IES Valle Inclán.

 
Pola tarde, ás 17.30 horas, “Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as”, comentando a obra “Viajes con Heródoto” de Ryszard Kapucinski e entregarase “Por favor, cuida de mamá” de Kyung-Sook Shin.
Ás 18.30 horas,  “Hora do Conto”, con Fran Ínsua onde narrará os contos "O gran monstro espantoso", "O meu xersei" e "Xosefina vixía".

 
“Obradoiro de Banda Deseñada”, con Manel Cráneo, ás 10.10 h. para o alumnado de 6º de Primaria do CEIP A Rabadeira.

 
Xoves 26 de abril:

 
Ás 18.30 horas “Hora do Conto”  con Ramiro Neira que contará “A nube cobizosa”, “Xa non aturo máis!!!”, “A madrigueira abarrotada”.
               

 

“Homenaxe aos Irmáns Grimm”, con Soledad Felloza, dúas sesións (ás 10.10 e 11.40 h.) dirixidas  ao alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP A Rabadeira

 

 
Venres 27 de abril:

 
Dentro do ciclo de conferencias de divulgación científica “Ler para saber”, ás 18.30 horas, levarase a cabo a charla denominada “Unha viaxe á máquina da mente” a cargo do profesor da Universidade da Coruña Xurxo Mariño Alfonso, investigador en Neurofisioloxía (Grupo Eurocom) e membro do Consello da Cultura Galega.

“Senticontos”, con Pablísimo, dúas sesións (10.30 e 12 h.)  dirixidas ao alumnado de 5º de Educación Infantil e 1º de Primaria do CEIP Luis Seoane nas que narrará contos sobre os sentimentos.

 
“Homenaxe aos Irmáns Grimm”, con Soledad Felloza, dúas sesións (ás 10.10 e 11.40 h.) dirixidas ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP A Rabadeira.