Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Imaxe 27 de febreiro: 27 de febreiro: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz

27 de febreiro: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz

A Compañía Trinke Trinke actúa n' As Torres de Santa Cruz para alumnado de Educación Infantil do CEIP Luís Seoane

    Imaxe 26 de febreiro: 26 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Oleiros

    26 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Oleiros

    Pablísimo actúa na Biblioteca Manuel María para alumnado de 4º de Educación Primaria do CEIP Rabadeira

      Imaxe 24 de febreiro: Uxía canta a Rosalía de Castro, nas Torres de Santa Cruz 24 de febreiro: Uxía canta a Rosalía de Castro, nas Torres de Santa Cruz

      24 de febreiro: Uxía canta a Rosalía de Castro, nas Torres de Santa Cruz

      Ás 18,30 h. Concerto especialmente dirixido ao público infantil e familiar. Aforo limitado.

        Imaxe 24, 25 e 27 de febreiro: 24, 25 e 27 de febreiro: "Contos con ovos" con Pablísimo en Rialeda

        24, 25 e 27 de febreiro: "Contos con ovos" con Pablísimo en Rialeda

        Pablísimo actúa en Rialeda para alumnado de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos do CEIP Valle-Inclán

          Imaxe 20 de febreiro: 20 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Rialeda

          20 de febreiro: "Contos terribles" con Pablísimo en Rialeda

          Actividade dirixida ao alumnado de 1º de Primaria do CEIP Valle Inclán.

            Imaxe 19 febreiro: 19 febreiro: "Contos do candil que ningué cre" no Teatro As Torres

            19 febreiro: "Contos do candil que ningué cre" no Teatro As Torres

            Hora: 10,40. Actividade dirixida ao alumnado de 4º de ESO A, B e C do IES María Casares.

              Imaxe Manuel Rivas e Manuel Rivas e "O raposo e a mestra" en Oleiros: 12 de febreiro

              Manuel Rivas e "O raposo e a mestra" en Oleiros: 12 de febreiro

              Manuel Rivas manterá dous encontros literarios, arredor da súa obra "O raposo e a mestra", con alumnado de 3º e 4º curso de E. P. dos centros de...

                Imaxe 10 e 11 de febreiro: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda con 10 e 11 de febreiro: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda con "Xeografía do imaxinario

                10 e 11 de febreiro: Soledad Felloza na Biblioteca Central Rialeda con "Xeografía do imaxinario

                "Galicia ten un mapa que ás veces non se ve: un mapa que necesita que o volvan a contar porque se non, vaise borrar".

                  Imaxe O teatro de Manuel Lugrís: conferencia de Francisco Pillado O teatro de Manuel Lugrís: conferencia de Francisco Pillado

                  O teatro de Manuel Lugrís: conferencia de Francisco Pillado

                  Francisco Pillado impartirá a conferencia titulada "O teatro de Mnauel Lugrís" n'As Torres de Santa Cruz o 18 de decembro

                    Imaxe Obradoiros de Curtametraxes no IES Miraflores no mes de decembro Obradoiros de Curtametraxes no IES Miraflores no mes de decembro

                    Obradoiros de Curtametraxes no IES Miraflores no mes de decembro

                    Os días 11, 17, 18 e 20. A cargo do xornalista e director de documentais Xes Chapela.