Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Asset Publisher

Back O teatro de Manuel Lugrís: conferencia de Francisco Pillado

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ManLugr%ED&alias=&solapa=biografiahttp://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Pillado_MaiorO mércores 18 de decembro, ás 12:45,  terá lugar a conferencia titulada "O teatro de Manuel Lugrís", a cargo do escritor Francisco Pillado. Participará o alumnado de 1º A, B e C de Bacharelato do IES Miraflores de Oleiros, e se celebrará n'As Torres de Santa Cruz. Manuel Lugrís foi homenaxeado co Día das Letras Galegas 2006. Naceu en Sada en 1863. Ten unha ligazón especial con Oleiros xa que con só 17 anos comezou a traballar como oficinista no seu concello. É o fundador do teatro galego, xénero que considera fundamental ao servizo da causa de Galicia. Entre a súa obra destaca: A Ponte (1903), na que critica a tiranía dos caciques. Mareiras (1904): o primeiro drama longo na historia da nosa dramaturxia. O Pazo (1917): comedia de asunto amoroso e de defensa da lingua.
+ info sobre Manuel Lugrís en http://www.filix.org/xove/manuel.html