Actividades "A porta violeta"

Atrás Cafés en Lila. Literatura e feminismo

Durante os meses de abril, maio e xuño de 2023, no marco de implementación do II Plan de Igualdade, realizáronse na Biblioteca Central Rialeda os "Cafés en Lila. Literatura e feminismo". Con estes, buscouse achegar á poboación oleirense autoras galegas do panorama actual que realizasen as súas obras en lingua galega.

Durante os meses de abril, maio e xuño, no marco de implementación do II Plan de Igualdade e do compromiso do Concello de Oleiros coa lingua galega, desenvolvéronse os Cafés en Lila, na Biblioteca Central Rialeda, coas autoras María Solar, Andrea Nunes Brións e Nuria Vil. 

Cos Cafés en Lila buscouse achegar á poboación oleirense autoras galegas do panorama actual que realizasen as súas obras na lingua do territorio. Así, nun ambiente relaxado e distendido, con café e petiscos, conversouse directamente coas autoras das súas obras, da escolla temática, do proceso de creación, dos obstáculos atopados polo camiño etc. 

Ao final desta publicación, no apartado "Enlaces", podes atopar información e imaxes das 3 sesións realizadas; a primeira delas con María Solar, a segunda con Andrea Nunes Brións, e a terceira con Nuria Vil.