Back Cafés en Lila con Nuria Vil

O 27 de xuño tuvo lugar na Biblioteca Central Rialeda a terceira e derradeira sesión dos Cafés en Lila con Nuria Vil, resitadora, poeta e artista multidisciplinar. 

O martes 30 de maio tivo lugar na Biblioteca Central Rialeda o terceiro e derradeiro Café en Lila, da man de Nuria Vil,  resitadora, poeta e artista multidisciplinar.

O traballo artístico de Nuria Vilán Prado (San André de Comesaña, Vigo, 1993), alias Nuria Vil, é eminentemente oral. Envolve a palabra falada e o diálogo entre distintas artes para levar a poesía máis aló da escrita, formando parte de proxectos de poesía escénica e artes multidisciplinares. A súa peza Espazo a vulnerar vén de estrearse no Festival Escenas do Cambio (Cidade da Cultura, 2023). Actualmente, tamén traballa na corrección editorial, xestiona un perfil en Patreon -onde comparte relatos sonoros inéditos- e na canle de Youtube Coidado coa Cadela.

Gañou a Bolsa Ensaia 2022 pola súa traxectoria artística e investirá os cartos na rodaxe e distribución da peza audiovisual Delincuente, inspirada no seu poema homónimo sobre a historia obreira da cidade de Vigo, a figura de La Maradona e a poesía galega contemporánea.

Simún (Chan da Pólvora, 2021) é ata o momento o seu único poemario escrito, co que foi finalista nos Premios Follas Novas. Ademais, algúns dos seus textos recóllense en CDs autoeditados, fanzines e nas antoloxías Alguén nos lembrará (Xerais, 2023), Así fala Penélope (Chan da Pólvora, 2022), Poesía Galega Novísima (Urutau, 2020),  Trobeir*s do Século XXI (Chan da Pólvora, 2019), e Dentes para a mazá (Chan da Pólvora, 2018), mais  a meirande parte deles permanecen orais e inéditos.

Cpnversamos na súa compaña arredor do transfeminismo, o antiespecismo, a conciencia antirracista e a vindicación social, como eixos transversais que vertebran a súa forma de crear e de posicionarse no mundo.

Ao final desta publicación recóllese información ampliada da autora e algunhas imaxes da sesión coas persoas participantes.