Actividades "A porta violeta"

Back Cafés en Lila con María Solar

O 25 de abril realizouse a primeira sesión dos Cafés en Lila coa premiada escritora e xornalista María Solar, na Biblioteca Central Rialeda.

O 25 de abril realizouse a primeira sesión dos Cafés en Lila coa premiada escritora e xornalista María Solar, na Biblioteca Central Rialeda.

Na actualidade, María Solar coordina os programas de cultura da TVG e presenta o programa cultural ZigZag Fin de Semana. É unha das autoras máis lidas en Galicia, e foi traducida a numerosos idiomas (castelán, catalán, polaco, italiano, portugués, filipino ou chinés). Con ela, conversamos sobre a súa obra A culpa (premio Xerais de novela), reflexionando sobre o nesgo de xénero deste sentimento e como se propaga a todos os ámbitos da nosa vida. Ao final desta publicación podes atopar imaxes con máis información da autora, así como imaxes da sesión.