Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Imaxe 25 de febreiro: Obradoiro de Teatro no IES Miraflores 25 de febreiro: Obradoiro de Teatro no IES Miraflores

25 de febreiro: Obradoiro de Teatro no IES Miraflores

Obradoiro de Teatro no IES Miraflores sobre obras de Roberto Vidal Bolaño, a cargo de Rubén Ruibal

    Imaxe 21 de febreiro: Poe x Felloza en Santa Cruz 21 de febreiro: Poe x Felloza en Santa Cruz

    21 de febreiro: Poe x Felloza en Santa Cruz

    Ás 10,45 h. no Teatro As Torres. Actividade para o alumnado de 1º ESO do IES Miraflores.

      Imaxe 10 e 11 de xaneiro: Visitas do alumnado do IES Miraflores á Biblioteca Central Rialeda 10 e 11 de xaneiro: Visitas do alumnado do IES Miraflores á Biblioteca Central Rialeda

      10 e 11 de xaneiro: Visitas do alumnado do IES Miraflores á Biblioteca Central Rialeda

      Explicaráselles a historia do edificio, coñecendo as diferentes salas e servizos, xunto cunha demostración audiovisual sobre o funcionamento do...

        Imaxe Actividades de Fomento da Lectura 2012-2013 Actividades de Fomento da Lectura 2012-2013

        Actividades de Fomento da Lectura 2012-2013

        Descobre a XXII Campaña de Promoción da Lectura das Bibliotecas Municipais.

          Imaxe 30 de maio: Roteiro Cultural e Literario 30 de maio: Roteiro Cultural e Literario

          30 de maio: Roteiro Cultural e Literario

          Actividade organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o Instituto Miraflores.

            Imaxe 29 de maio: 29 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" na Biblioteca de Santa Cruz

            29 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" na Biblioteca de Santa Cruz

            2 sesións, ás 10.30 e 12:00 h. Actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de ensinanza primaria do CEIP Isidro Parga Pondal