Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Imaxe 23 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros 23 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

23 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

Yolanda Castaño celebrará un Obradoiro infantil de poesía na Biblioteca Manuel María de Oleiros para alumnado do CEIP Rabadeira

    Imaxe 22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda 22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda

    22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda

    Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda para alumnado do CEIP Valle Inclán de Perillo

      Imaxe 12 de abril: Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz 12 de abril: Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz

      12 de abril: Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz

      Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz: escenificarán a obra "Bailadela da morte ditosa" e falarán da vida e obra de Roberto...

        Imaxe 9 de abril: Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros 9 de abril: Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros

        9 de abril: Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros

        Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros a cargo da poeta Yolanda Castaño

          Imaxe 4 de abril: Compañía do Trinke Trinke en Santa Cruz 4 de abril: Compañía do Trinke Trinke en Santa Cruz

          4 de abril: Compañía do Trinke Trinke en Santa Cruz

          Actividade dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Luis Seoane.

            Imaxe 3 de abril: Obradoiro de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz 3 de abril: Obradoiro de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz

            3 de abril: Obradoiro de Ilustración con Marina Seoane en Santa Cruz

            Na Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz Actividade dirixida ao alumnado do CEIP Parga Pondal.

              Imaxe "Contos marabillosos" en Rialeda e na Biblioteca de Santa Cruz

              "Contos marabillosos" en Rialeda e na Biblioteca de Santa Cruz

              Do 2 ao 5 de abril. Actividades dirixidas ao alumnado do CEIP Parga Pondal e CEIP Valle Inclán.

                Imaxe 21 de marzo: Soledad Felloza no Teatro As Torres 21 de marzo: Soledad Felloza no Teatro As Torres

                21 de marzo: Soledad Felloza no Teatro As Torres

                Actividade dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores.