Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Imaxe 23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca 23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

Para o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Luis Seoane e do CEIP Parga Pondal respectivamente.

    Imaxe 22, 23 e 24 de abril: 22, 23 e 24 de abril: "Contos con ovos" con Pablísimo na Biblioteca "Manuel María

    22, 23 e 24 de abril: "Contos con ovos" con Pablísimo na Biblioteca "Manuel María

    Pablísimo actúa en Oleiros para alumnado de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos do CEIP A Rabadeira.

      Imaxe Matapiollos Teatro en As Torres: 22 de abril Matapiollos Teatro en As Torres: 22 de abril

      Matapiollos Teatro en As Torres: 22 de abril

      Contacontos teatral a cargo de Matapiollos Teatro, para alumnado de primaria do CEIP Luis Seoane.

        Imaxe Matapiollos Teatro na Biblioteca de Oleiros: 10 e 11 de abril Matapiollos Teatro na Biblioteca de Oleiros: 10 e 11 de abril

        Matapiollos Teatro na Biblioteca de Oleiros: 10 e 11 de abril

        Contacontos teatral a cargo de Matapiollos Teatro, para alumnado de educación primaria do CEIP Rabadeira

          Imaxe Soledad Felloza na Biblioteca Rialeda: 9, 10 e 11 de abril Soledad Felloza na Biblioteca Rialeda: 9, 10 e 11 de abril

          Soledad Felloza na Biblioteca Rialeda: 9, 10 e 11 de abril

          A actriz, contacontos e fotógrafa Soledad Felloza participará na XXIII Campaña de promoción da lectura nas Bibliotecas Públicas Municipais

            Imaxe 9 de abril: Caxoto na Biblioteca Central Rialeda 9 de abril: Caxoto na Biblioteca Central Rialeda

            9 de abril: Caxoto na Biblioteca Central Rialeda

            10,15 h. Para o alumnado dos grupos A e B de 4º de Primaria do CEIP Valle Inclán.

              Imaxe 8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con 8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario"

              8 de abril: Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario"

              Soledad Felloza nas Torres de Santa Cruz con "Xeografía do imaxinario" para alumnado do IES Neira Vilas

                Imaxe 7, 9, 10 e 11 de abril: 7, 9, 10 e 11 de abril: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

                7, 9, 10 e 11 de abril: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres. Santa Cruz

                Para o alumnado de 2º de ESO do IES Neira Vilas e 5º e 6º de Primaria do CEIP Valle Inclán.

                  Imaxe 7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda 7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda

                  7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda

                  Obradoiro xuvenil de poesía para o alumnado de 4º ESO do IES Neira Vilas.

                    Imaxe 4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz 4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz

                    4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz

                    Co espectáculo "O cole de lonxe de todo", dirixido ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Luis Seoane.

                      Imaxe En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura

                      En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura

                      Actividades para todas as idades, dirixidas ao público en xeral e ao alumnado dos centros públicos do Concello.