Campaña de animación á lectura

Campaña de animación da lectura

A Campaña de promoción da lectura realízase co fin de que o alumnado dos centros de ensino público deste Concello adquiran gusto pola lectura e amor polos libros, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos respectivos centros de ensino.

OBXECTIVOS:

- Coñecer algunhas das bibliotecas do Concello de Oleiros.

- Potenciar a asistencia ás bibiotecas municipais, non só como lugar de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

- Espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.

- Achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as, que non sinten ningún interese por esta.

- Favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita.

- Fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidadarios/as.

- Vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa.

- Promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como enriquecimento individual e colectivo.

- Incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos/das nenos/as, adolescentes e mozos/as.

LUGARES DE REALIZACIÓN:

- Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.

- Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro", en Santa Cruz.

- Biblioteca Pública Municipal "Manuel María", en Oleiros.

DESTINATARIAS/OS:

Alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.

ACTIVIDADES:

En función das necesidades e da programación de cada centro realizaranse actividades específicas para os distintos centros que as soliciten:

- Presentación da biblioteca e explicación do seu funcionamento.

- Contacontos.

- Narración ou dramatización de contos.

- Actividades literarias.

- Encontros con autores/as.

- Obradoiros de ilustración.

Campañas

Atrás Actividades de promoción da lectura

27 de febreiro a 1 de marzo 2024

Actividades de promoción da lectura: 27 de febreiro a 1 de marzo 2024

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 27 de febreiro a 1 de marzo:

 

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Martes 27 de febreiro:

- 10:15 alumnado de 4º de EP e 11:45 alumnado de 3º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).

"Preparados, listos, xa!" con Ramiro Neira.

Mércores 28 de febreiro:

- 10:15 alumnado de 2º EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).

"Preparados, listos, xa!" con Ramiro Neira.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Martes 27 de febreiro:

- 10:15 alumnado de 3º de EP e 12:00 alumnado de 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).

"Contacontos en verso para nenas e nenos" con Yolanda Castaño.

Mércores 28 de febreiro:

- 10:00 e 11:40 alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).

"Muller, poeta en galego" con Yolanda Castaño.

Xoves 29 de febreiro:

- 10:15 alumnado de 3º de EP e 12:00 alumnado de 4º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).

"Rosalía pequena" con Ramiro Neira.

Venres 1 de marzo:

- 10:15 alumnado de 6º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).

"Sorpresa!" con A Xanela do Maxín.

 

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)

Venres 1 de marzo:

- 10:15 e 11:45 alumnado de 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).

"Preparados, listos, xa!" con Ramiro Neira.