Publicacións

PLATERGA (Plan Territorial de Galicia) (pdf, 4,6 MB)

A Lei 2/1985, de 21 de xaneiro, constitúe o marco legal que determina todo o sistema de prevención e de resposta ante situacións de grave risco colectivo, calamidade pública ou catástrofe extraordinaria, e conforma unha norma básica que contén as directrices esenciais para a elaboración dos plans territoriais e especiais, por sectores de actividade, tipos de emerxencia ou actividades concretas.

Ordenanza de uso das praias do Concello de Oleiros (texto consolidado) (pdf, 162,4 kB)

A presente ordenanza ten por obxecto regular o uso das praias do Concello de Oleiros conxugando o dereito de todas as persoas a gozar delas pola súa natureza demanial, co deber que ten o Concello de Oleiros, no marco das súas competencias, de velar por unha utilización racional e, en particular, regular as condicións xerais de utilización e desfrute polas persoas usuarias da praia en orde á seguridade, a saúde pública e a protección do ambiente.

Tríatlon "Concello de Oleiros"

Comunicación para participar no preventivo organizado por mor da celebración do tríatlon "Concello de Oleiros"

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oleiros

Presentación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Oleiros

Emerxencias - Protección Civil

Rúa Barbanza nº 2 nave 1B,15.171 - IÑÁS Teléfono: 981 636 933 - 112 Fax: 9 (p.civil@oleiros.org) Fax: 981 634 309 alcaldia@oleiros.org