Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Modificacións puntuais

Neste apartado da WEB iranse incorporando as Modificacións Puntuais do Plan Vixente aprobadas e as que se atopen en tramitación.

Atrás M.P, Nº8 DO PXOMNO AMBITO DE PROTECCIÓN DO ELEMENTO PROTEXIDO B-42.

MODIFICACION PUNTUAL DO PLAN XERAL DE ORDENACION MUNICIPAL NO AMBITO DE PROTECCIÓN DO ELEMENTO PROTEXIDO B-42.

O presente Documento constitúe a Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oleiros coa finalidade de modificar o ámbito de protección do elemento B-42 do Catalogo de bens culturais, en virtude do erro producido durante a tramitación do vixente Plan Xeral, polo que foi incorporada ao ámbito de protección unha parcela que carece de valor e que é allea e independente da finca que ostenta realmente o valor a protexer. Este feito derivou en que o ámbito de protección do elemento do Catálogo B-42, formado por dous parcelas independentes, fose cualificado coa Ordenanza 6 de solo urbano “Finca singular en solo urbano”, provocando unha situación de non aplicabilidade, xa que a devandita ordenanza contén parámetros de aproveitamento aplicables a unha única parcela.

Mediante esta modificación de Plan preténdese desafectar do ámbito de protección a parcela sen valor patrimonial outorgándolle a cualificación da Ordenanza 2B.

Para consulta la Modificación -pinche aquí-.

 

Publicado no BOP Nº126 de 04.07.2018, para velo -pinche aquí-

Publicado no DOG Nº155 de 14.08.2018, para velo -pinche aquí-

Número de Rexistro de Planeamento Urbanístico da Xunta de Galicia  RPG 00050/2018